Un proceso fisiolóxico
Arrotar é o proceso fisiolóxico de botar gases do estómago pola boca facendo ruído.
Sinónimos son rotar, rotear, arroutar, arruitar, arrutiar, eructar.
Atopei esta frase sobre arrotar:
Moitos arrotan pra que se seipa que fartos se atopan.
Vós que arrotades é porque fartos estades.
Outros significados de arrotar que atopei son:
- deslizarse pola inclinación dun terreo
- facer ruído ao rozar unha corda ou unha sedela ao facer firme sobre a enchama (este significado disque ven de Cangas de Morrazo. Alguén o escoitou algunha vez?).
- arrotarse é empeñarse nunha cousa.
Se queres apoiar ao Peto mira aquí.