Os nomes do Antroido
O termo Antroido ven do latín: “introitus”, que significa introdución, referíndose á coresma que está ao chegar.
Escribiu Vicente Risco no seu libro “Etnografía. Cultura Espiritual” o seguinte sobre o Antroido:
O «Carnaval» leva en Galiza o nome de Entroido ( variantes Antroido, Introido, Entruido, Entrudo, Entrudio) que corresponde ao castelán Antruejo, e deriva do latín introitus, «entrada».
Aquí vedes unha máscara dun Vellarón de Castrelo de Cima (Riós, Ourense).
E vós como lle dicides a esta festividade?
E que figuras típicas de Antroido coñecedes ou hai na vosa terra? (Por exemplo Follateiros de Lobios, Chocalleiros de Vilardevós, Oso de Salcedo na Pobra do Brollón, Volante de Chantada, Boteiros de Vilariño de Conso…).
Se queres apoiar ao Peto mira aquí.
Do “introitus ad car(i) nes tollendas” ou entrada ás carnes permitidas ou toleradas, onde a carne é permitida ( “vale”), a época do “desenfreo”.Aos corenta días chega a coresma ( de “Quadragessima” xornada despois do entroido), que é a época do recollemento.
Antruejo aínda era palabra viva hai corenta anos , en zonas de Salamanca …e ese territorio formaba parte do Reino de León …e eu pregunto , é vestixio do castelán ou do leonés ?