vocabulario galego do petogalego - espádoa

espádoa

Temos dous ósos case planos

A espádoa é unha parte do corpo.

Díselle así a cada un dos ósos anchos e case planos e de forma triangular que están nos lados das costas, debaixo dos ombreiros, e nos que se artellan os ósos dos brazos.

Ademáis de referirse a unha parte do corpo das persoas, tamén se lle di así á parte superior das patas de diante dos animais.

Outras formas de nomear a espádoa é omoplatas (así, sen til), escápula, pa e paleta.

Atopei tamén espádua como variante, e co significado ademáis de ombreiro.

Se queres apoiar ao Peto mira aq.

6

Como lle dis ti á espádoa?

Min votes count should be 1


One comment

  1. A palabra xa aparece na prosa medieval, nunha descrición de Cástor e Polis , irmáns de Helena de Esparta – despois de Troia,.(…)” E habían os cabelos longos que lle daban perlas espádoas (…)”.Cito valéndome da memoria.

Deixar unha resposta