Turdus merula é melro
Este paxaro é un melro: Turdus merula. O macho é negro co peteiro amarelo, e tamén un aro amarelo arredor dos ollos. A femia é de cor cinza.
Canta moi ben, e é doado velos aínda.
Outros nomes son merlo, cochorra, cochorosa, cochosa, cotrosa, mermo (esta variante seica é do galego de Asturias).
Hai outros paxaros que levan o nome de merlo: o melro garleiro (ouriolo), melro rieiro/arrieiro/de auga (Cinclus cinclus), melro pedrés (Periparus ater, ferreiriño común), melro troiteiro (picapeixe).
Unha cantiga con este paxaro:
Foi a merla onde a formiga
e pedíulle un pan prestado;
a formiga lle repuxo:
Mentras andas na silveira,
chirlo merlo, chirlo merlo,
traballa de vrau
pra comer de inverno.
Se queres apoiar ao Peto mira aquí.
Podes mercar camisolas e outras cousas do Peto aquí.
Merlo, aínda que en latín era feminino(Cfr.mérula).O chirlomerlo ou chirlomirlo da cantiga achegada é outro paxaro, que ten por sinónimo estorniño.