vocabulario galego do petogalego - maniotas

maniotas

Maniotas e a dor no corpo en galego

As maniotas é a dor que se sente nalgunha parte do corpo un tempo despois de facer algún esforzo violento ou prolongado.

Por exemplo ao día seguinte de facer deporte cando non adoitamos facelo 🙂

Neste debuxo, esta persoa ten maniotas no brazo.

Tamén maniotas son os movementos de brazos e tronco que se fan a cada golpe de gadaña, ou dun traballo no que se realizan movementos repetitivos.

Atopei tamén como sinónimos maniatas, bezerras e malletas.

Se queres apoiar ao Peto mira aq.

Podes mercar camisolas e outras cousas do Peto aquí.

31

Como lle dis ti ás maniotas?

Min votes count should be 1


One comment

Deixar unha resposta