Un dos nomes da úvula en galego
O pingallón é a boliña que está pendurada ao final do veo do padal.
Outros nomes ademáis de pingallón, son: campaíña, pinguel, pinquel, pinguelo, pincallón, galillo, galada, galiño, úvula.
Tamén se lle di así a unha persoa moi moi alta.
Atopei tamén un aparello para cazar gaivotas co nome de pingallón.
Se queres apoiar ao Peto mira aquí.