Becerra coma problema na masa
A becerra é un anaco de masa compacta (amazocada) que queda nos biscoitos ou no pan, cando non están ben cocidos ou por algún erro cos ingredientes (falta de lévedo por exemplo).
Tamén se lle di así a unha zona de cor azulada e dura que queda no pan de trigo e centeo preto da codia inferior, se a masa non ten lévedo dabondo ou está mal cocido.
Cando unha masa ten este problema, dise que “colleu becerra”.
Os doces que se cocen con zucre de máis, tamén poden coller becerra.
Outro significado de becerra, é cada unha das pintas pequenas e escuras que saen nos tecidos brancos que teñen humidade ou levan moito tempo gardados.
O significado máis coñecido, sería o de cría femia da vaca.
Ás maniotas (dor que se sente nalgunha parte do corpo despois de facer exercicio) tamén se lles di becerras.
Como lle dicides vós cando unha masa colle becerra?
Se queres apoiar ao Peto mira aquí.
Podes mercar camisolas e outras cousas do Peto aquí.