vocabulario galego do petogalego - maimiño

maimiño

Un dedo da man en galego e máis significados

O dedo maimiño é o quinto dedo da man, o pequeno.

Outros nomes son belleco, mamiño, mendiño ou pequeniño.

Tamén maimiño pode ser que algo é moi pequeno.

Significa tamén que algo é moi fino chegando a ser case transparente.

Ou que algo é moi brando.

Teño escoitado “Ti es un casca maimiña!”. A casca maimiña neste caso refírese á pel finiña que hai baixo a casca do ovo. E se ti es un casca maimiña, é que es moi mixiricas.

Se queres apoiar ao Peto mira aquí.

1

Como lle dis ti a ?

Min votes count should be 1


Deixar unha resposta