vocabulario galego do petogalego - canastra

canastra

Trebellos do deporte en galego

Canastra, que non canasta (castelanismo) é un aro cunha rede aberta pendurada dél, pegado a un taboleiro.

Emprégase no baloncesto, e a pelota ten que pasar polo medio do aro e caer pola rede.

Tamén pode ser o feito de pasar a pelota polo medio do aro e a rede: meter unha canastra.

Ou tamén un recipiente feito de vimbio con asas ou sen elas, para meter cousas.

Un sinónimo da canastra de baloncesto é cesta, e a outra canastra pode ser cesta ou cesto.

Se queres apoiar ao Peto mira aquí.

1

Como lle dis ti á canastra?

Min votes count should be 1


Deixar unha resposta