En galego non é só unha parte dos barcos
Moitas grazas a B. P. que enviou unha pregunta sobre a palabra PROA co significado de orgullo, fachenda.
No dicionario da RAG este significado non está recollido. Para a RAG, proa é soamente a parte dianteira do barco.
Pero proa, como di B.P. e como se recolle noutros dicionarios (coma o Estraviz) co significado de presunción, vaidade.
Se dicimos dalguén que “ten moita proa” é que é vaidoso, fachendoso.
Como lle dicides vós? Empregades proa, ou ter moita proa?
Se queres apoiar ao Peto mira aquí.