vocabulario galego do petogalego - curuxa

curuxa

Unha ave rapaz nocturna en galego

A curuxa é unha ave rapaz nocturna, de nome científico Tyto alba.

Tamén se lle di a este animal coruxa.

Curuxa tamén pode significar nai sobreprotectora, ou nai que fachendea esaxeradamente dos fillos.

Outro significado refírese ás persoas que fan máis vida de noite.

Hai atopei que hai un cogomelo ao que se lle di “pan de curuxa”, aínda que non fun quen de atopar se é un tipo de fungo ou se lles di así en xeral aos cogomelos comestibles.

Ademáis, tamén se lle di así a algunhas das boliñas que lle saen a algunhas árbores por estaren parasitadas por algún insecto.

Unha variante da palabra curuxón tamén é curuxa. Curuxón é alguén que é moi medorento.

E atopei esta copliña sobre a curuxa:

Curuxa noiteira, malladores á eira. Curuxa tardega, auga noitega.

Como lle dicides vós? Cales destes significados coñeciades? Sabedes algo dos cogomelos e o pan de curuxa?

Se queres apoiar ao Peto mira aq.

4

Como lle dis ti á curuxa?

Min votes count should be 1


Deixar unha resposta