Palabras do mar en galego
Unha xara é un grupo compacto de sardiña no mar.
Aínda que tamén pode referirse a grupos de peixes da mesma especie.Sinónimos serían armeiro, fieiro ou mansío.
Torroeiro sería só referido a sardiñas.
Tamén atopei a palabra algareotes, que ten un significado semellante.
Os algareotes son grandes cantidades de sardiña, divididas en varios grupos moi mestos e apertados, que se ven pola noite no mar coa ardentía.
Se queres apoiar ao Peto mira aquí.