vocabulario galego do petogalego - padiola

padiola

Significado en galego de padiola e un libro

Unha padiola é unha cama con rodas, de estructura metálica, na que se poden transportar feridos ou enfermos, ou unha superficie fixada a dúas varas grosas feita para que dúas persoas transporten feridos ou enfermos.

Tamén pódese referir a esa superficie con dúas varas na que dúas persoas transportan cousas.

Ademáis, disque aos ovos de raia chámaselles tamén padiolas.

No libro de Berta Dávila “Os seres queridos” atopei esta palabra neste anaco do texto: “A partir do momento en que me deitan na padiola para levarme ao pequeno quirófano da clínica (…)”.

Aquí está a falar dunha padiola metálica con rodas nas que se transporta a unha persoa para levala á sala de operacións.

Sobre este libro, dicir que volo recomendo. Gustoume moito. Provocoume desacougo nalgúns momentos pola súa temática e xustamente por iso creo que é moi necesario. Se tedes oportunidade, non o deixedes pasar. Ademáis de que me gusta moito o estilo da escritora.

Se queres apoiar ao Peto mira aquí.

2

Como lle dis ti á padiola?

Min votes count should be 1

Deixar unha resposta