O camallón no vocabulario galego
O camallón é a terra que queda aos lados do rego ao arar.
Ou a terra que quedaba nas corredoiras aos lados dos sulcos que deixaban os carros ao pasar.
Camallón tamén pode ser terra que se deixa elevada para separar terreos.
Tamén en xeral, elevacións de terra que hai na leira ao arar ou remexer a terra.
E outro significado é cada un dos dentes que sobresaen na parte de enriba do xugo.
Atopei ademáis que pode ser un pao vertical do que se pendura o pote ou caldeiro.
Se queres apoiar ao Peto mira aquí.