A festa das castañas galega é o magosto
O magosto é a festa ou xuntanza que se fai no tempo da colleita das castañas, na que se asan as castañas e se comen.
Un magosto pode referirse tamén ao conxunto de castañas asadas na fogueira.
A tradición do magosto actual, provén dunha xuntanza no mesmo souto no que se colleitaron as castañas, para comer castañas con viño novo e pantrigo, queixo e o que cada persoa puidera aportar.
O tempo dos magostos sería metade de Outubro a primeiros de Novembro, sendo os días máis típicos o día de Tódolos Santos e en Ourense o 11 de Novembro.
Atopei como variantes de magosto: magusto e amagosto.
Unha pequena cantiga que fala do magosto:
Non chas quero, non chas quero,
castañas do teu magosto,
non chas quero, non chas quero,
que che cheiran ó chamosco.
Se queres apoiar ao Peto mira aquí.