Vocabulario da choiva no galego
Hai uns días, un usuario de Mastodon (podedes seguir ao Peto alí! Buscade @petogalego) preguntoume polo significado de “estralampa”.
É unha palabra que lera nun libro de Ánxel Fole.
E atopei a palabra no seu libro “Terra brava”: “Non hai que pensar que estralampe en toda a noite.”.
Estralampar é deixar de chover. Sinónimos son amizar, delampar, escambrar, estear, estiñar ou estrelampar.
Aínda que de estrelampar atopei tamén significado como de estrelecer, saír as estrelas.
Se queres apoiar ao Peto mira aquí.
Podes mercar camisolas e outras cousas do Peto aquí.