vocabulario galego do petogalego - crebacabezas

crebacabezas

Que é un crebacabezas en galego?

Un crebacabezas é un xogo composto de múltiples pezas que hai que encaixar para formar unha imaxe ou unha figura.

Tamén pode ser unha adiviña complicada, ou unha situación ou cuestión difícil de resolver na que hai que ter en conta distintos factores.

Atopei esta palabra no “Libro de horas” de Miguel Anxo Murado, neste anaco do texto: “(…) e o noso cometido consistía en restaurar e clasificar ese crebacabezas de cerámica que é o pasado de Roma.”.

Neste texto o autor estáse referindo a unha labor de arqueoloxía sobre Roma. O crebacabezas sería a cerámica que se atopa esnaquizada nas escavacións, e que axuda a coñecer un pouco máis esta cultura.

O “Libro de horas” é unha compilación de artigos de Miguel Anxo Murado que foron publicados no xornal “La Voz de Galicia”.

Un sinónimo de crebacabezas que aparece no dicionario galego da RAG é quebracabezas.

Se queres apoiar ao Peto mira aq.

5

Como lle dis ti ao crebacabezas ?

Min votes count should be 1

Deixar unha resposta