A palabra cismar no vocabulario galego
Hai uns días chegou unha mensaxe na que M. explicou que o seu avó emprega sismar cando matina moito ou está a remoer algo que lle preocupa, e que emprega tamén o adxectivo sismático, do que atopei que pode significar preocupado ou apreensivo.
A pregunta de M. é: En que lugares de Galiza empregades cismar ou sismar?
Cando apareceu por aquí a palabra matinar, e cismar coma o seu sinónimo, algunhas persoas escreberon que cismar a empregan na Limia, en Noia (con seseo), Arbo e Carballiño.
Cismar é pensar nalgo moito, obsesivamente e con insistencia. Tamén pode ter o sentido de estar preocupado, ou meditando. Sinónimos deste verbo son remoer, cavilar, matinar, maxinar ou incinir.
Cisma é unha preocupación constante ou idea fixa.
Se queres apoiar ao Peto mira aquí.
Tiñao esquecido pero ao lelo aquí asomou do fondo da memoria… miña nai dicía “cismático” para referirse a alguén que tiña algunha manía con algo