cunca en galego - vocabulario galego de petogalego

cunca

Que é cunca en galego?

Unha cunca é un recipiente con asas ou sen elas, do que se bebe ou come. Aquí por exemplo tedes unha cunca de café, pero de seguro que tamén tedes empregado unha cunca para o viño ou para o caldo.

Tamén cunca pódese empregar como unidade de medida, coma cando nos di unha receita que botemos unha cunca de aceite. Pero tamén como unidade de medida “exacta”, empregada como unidade de superficie ou de capacidade para legumes ou gran.

Hai tamén unha variedade de mazá que se chama “tres en cunca”, que segundo a Wikipedia é unha mazá orixinaria de Galiza.

Cunca é tamén a cavidade dos ollos, ou un accidente xeográfico relacionado con mares ou ríos.

Empregades esta palabra con outros significados? Coñeciades esta variedade de mazá?

Se queres apoiar ao Peto mira aquí.

Podes mercar camisolas e outras cousas do Peto aquí.

1

Como lle dis ti á cunca?

Min votes count should be 1


One comment

Deixar unha resposta