Un instrumento musical
O pandeiro é un instrumento musical de percusión, que consiste nun marco cadrado de madeira duns 4 cm de groso, e uns 40 cm de lado asegurado con puntas e recuberto por ambas caras cunha pelica.
Pandeiro é ademáis a persoa que toca este instrumento.
Ás veces tamén pandeiro se emprega para nomear outros instrumentos musicais de percusión, coma un bombo ou instrumentos improvisados, coma unha lata grande.
Tamén é unha maneira de chamarlle ao cu. Lembrádesvos de Shin Chan coa súa nai “cu de pandeiro”? 😀
Facer dalguén un pandeiro é conseguir que outra persoa faga sempre o que un quere.
O adufe é un pandeiro cadrado, segundo a RAG de orixe árabe e semellante ao pandeiro, aínda que lin tamén que pandeiro e adufe son sinónimos, caendo adufe en desuso.
Como lle dicides vós? Coñecedes outros significados para a palabra pandeiro?
Máis información sobre o pandeiro nesta ligazón.
Se queres apoiar ao Peto mira aquí.
