Vocabulario do agro, rego
Un rego é unha escavación alongada non moi fonda que se fai na terra. Pode ser para sementar, ou para que pase por él a auga.
En galego hai algunhas expresións con esta palabra:
“Boi que non garda o rego, engordalo e vendelo.”
“a rego cheo” (en abundancia)
“a gardarrego”/”gardando o rego” (facendo as cousas como se deben)
“deitarse no rego” (renderse)
Coñecedes outras expresións con rego?