meiga en galego - por petogalego

meiga

A meiga é un peixe plano e alongado.

Hai dous peixes ós que se lles chama así: Lepidorhombus boscii e Lepidorhombus whiffiagonis.

O L. bosciie ten dúas pintas a cada lado da aleta caudal e é máis pequeno que o outro.

O L. whiffiagonis non ten as pintas e ademáis ten unha cor máis clara e as raias baixo a pel son algo máis finas e claras.

Outros nomes en Galiza para a meiga con pintas: rapante, rapante pintado, rapante de catro manchas ou ollón.
Para o peixe sen as pintas: rapante, meiga ou rapante común.

Sabiades destas diferenzas? Cómo lle dicides vós? Hai diferenza no prezo tamén? Como preparades as meigas?

5

Como lle dis ti á meiga?

Min votes count should be 1

Deixar unha resposta