guindar en galego - por petogalego

guindar

Guindar é lanzar unha cousa.

Aquí hai un rapaz guindando unha pedra.

Atopei esta palabra no libro “O xardineiro dos ingleses” de Marcos Calveiro. Un libro que me gustou moito, no que o autor fala da vida unha muller de Vilagarcía e o seu fillo, e a súa misteriosa vida.

Nun anaco aparece a palara guindar:

“Alguén guindou unha pedra contra unha das ventás (…)”.

Vós empregades guindar? Ou lle dicides doutra forma?

Lestes este libro? Ou algún outro de Marcos Calveiro?

Deixar unha resposta