Corricar coma os nenos
Corricar é ir correndo dun lado para outro sen un obxectivo en concreto (coma os nenos cando xogan), ou ir correndo de forma lixeira, con pasos curtos.
Outras formas de dicir corricar son: curriquear ou corretexar.
Tamén significa ir atrás de animais empregando cans.
