vocabulario galego do petogalego - embigo

embigo

O embigo do ventre

O embigo é a cicatriz que queda na metade do ventre cando cae o cordón umbilical.

Tamén é unha parte do lagar do país, que se empregaba para prensar as uvas: faise presión cunha trabe grosa de madeira suxeitada polo embigo, un pasador de madeira ou ferro que atravesa a trabe.

Embigo de forma figurada refírese ao centro de algo.

Outras formas de chamarlle ao embigo son umbigo, embeligo, beligo, ombigo, imbío ou umbiligo.

Se queres apoiar ao Peto mira aq.

Podes mercar camisolas e outras cousas do Peto aquí

36

Como lle dis ti ao embigo?

Min votes count should be 1

One comment

  1. As formas ombligo ( castelán) e ombigo ( portugués) proceden da forma culta en latín ( umbilicum ) e a galega maioritaria (embigo) procedería da forma latina vulgar (imbilicum), xa citada no Appendix Probbi , onde un mestre da Panonia recollía as faltas dos seus alumnos e recomendaba o uso correcto da forma culta :”Umbílicum , non imbilicum “.Escribo fiándome da memoria.

Deixar unha resposta