vocabulario galego do petogalego - aldraxe

aldraxe

Outro nome para farrapo

Aldraxe segundo o dicionario da RAG significa varias cousas e pode ser tanto masculino coma feminino.

O significado que eu coñecía: a acción ou efecto de aldraxar (ofender de obra ou de palabra).

E outros que eu non escoitara nunca: anaco de tea moi gastado e roto ou unha peza de roupa moi gastada e rota.

Sinónimos de aldraxe co significado do tecido gastado e roto hai moitos:

aldraxo, bandallo, béldrago, calaza, capizo, cerello, ciringallo, fargallo, farrapo, galdrapo, miato, torgallo, trapallo, trapo, trincho, zarampallo, zarangallo, zarapallo, zarapello…

Como lle dicides vós? Empregades aldraxe para un farrapo?

Se queres apoiar ao Peto mira aq.

2

Como lle dis ti ao aldraxe?

Min votes count should be 1


Deixar unha resposta