Un termo sobre a comida que non nos gusta
Estoxar referido a unha comida ou bebida significa que da noxo, que non a aturamos.
Por exemplo, a min de pequena estoxábanme as lentellas. Ou podemos dicir que eu estoxaba as lentellas.
Tamén estoxar pode referirse a alguén ou algo que aborrecemos.
Sinónimos de estoxar son enxoar, anoxar e enfastiar.
Se queres apoiar ao Peto mira aquí.