vocabulario galego do petogalego - nocello

nocello

Nome galego para distintas articulacións

A palabra nocello nomea distintas articulacións do corpo.

O nocello é a parte da articulación da perna co pe que sobresae, ou a zona desta articulación. Sinónimos son tobelo ou tornecelo.

Tamén pode ser a parte da articulación do pulso que sobresae ou esta zona onde se unen man e brazo.

Outro significado é a articulación que sobresae na unión do dedo coa man, o coteno.

Outros nomes serían artello ou nortello.

Se queres apoiar ao Peto mira aq.

6

Como lle dis ti ao nocello ?

Min votes count should be 1


Deixar unha resposta