O nome dun xogo en galego
A mariola é un xogo infantil cun taboleiro numerado debuxado no chan, e que hai que conseguir atravesar á pata coxa ata o final, seguindo un percorrido que se decide guindando unha pedriña ao taboleiro ou dándolle co pe, segundo unhas reglas.
Outro nome para o xogo da mariola é peletre, nome que tamén leva a pedriña que se emprega para xogar.
Tamén hai un peixe ao que se lle chama mariola, da especie Ciliata mustela.
Ademáis, se lle di así tamén a tres pedras sobrepostas que se colocan cada pouco en anacos de camiños difíciles para indicar por onde hai que seguir.
Outros significados serían: un mozo que fai os recados, e como adxectivo, persoa de malos sentimentos que pode chegar a realizar cousas infames.
Se queres apoiar ao Peto mira aquí.