vocabulario galego do petogalego - foula

foula

Palabras en galego relacionadas coa fariña

A foula é o po miúdo da fariña. Aquí no debuxo é o po que se produce ao peneirar a fariña.

Foula tamén pode ser a escuma do mar que bate na proa do barco cando navega, ou a que sae nas ondas ao bater o mar nas rochas.

A foula é o po miúdo da fariña. Aquí no debuxo é o po que se produce ao peneirar a fariña.

Outro significado de foula é caspa. As descamacións da pel da cabeza.

Tamén é a neve miúda.

Outros nomes serían freila ou feila e faúla.

Como lle dicides vós? Para que empregades a palabra foula?

Se queres apoiar ao Peto mira aq.

1

Como lle dis ti á foula?

Min votes count should be 1


Deixar unha resposta