vocabulario galego do petogalego - acivro

acivro

Unha árbore de froitos vermellos

O acivro (Ilex aquifolium) é unha árbore de follas brillantes duras e con espiñas, que ten flores brancas e froitos de cor vermella brillante.

Outros nomes desta árbore son: acevo, xardo, xardón, aceviño, anciviño, rascacú (hai outra planta que ten froito vermello e se lle di tamén así).

Os meus pais teñen un acivro, é unha árbore que me gusta moito.

Non fun quen de atopar información recente, pero seica o acivro estivo protexido en Galiza dende o ano 1984 ata o ano 2018 pola Xunta. Unha mágoa.

Como lle dicides vós? Tedes algún acivro preto? Que opinades da súa desprotección?

Se queres apoiar ao Peto mira aq.

3

Como lle dis ti ao acivro?

Min votes count should be 1


Deixar unha resposta