O significado en galego de peneirar
Peneirar é pasar por unha peneira un material composto de partículas pequenas, coma a fariña, para separar as partes finas das grosas. Sinónimos son barutar, bortelar ou xirgar.
Tamén de forma figurada, pode significar perfeccionar unha cousa, non material, coma cando repasades un texto e lle cambiades palabras para melloralo, ou se arranxan problemas nun proxecto que aínda non está rematado.
Outro significado é moverse inquedamente dun lado para outro.
E pode ser ademáis camiñar movendo moito os ombreiros e as cadeiras.
Como lle dicides vós a peneirar cunha peneira? E que outros significados lle coñecedes a peneirar?
Se queres apoiar ao Peto mira aquí.