Outra forma de dicir enxaugar en galego
Xabucar é o mesmo que enxaugar: pasar algo por auga limpa, coma cando fregamos os platos.
Tamén a esta acción se lle pode dicir caldexar.
Para pasar auga ou un líquido pola boca, pódese empregar tamén xabucar.
Por exemplo cando lavamos os dentes e despois aclaramos a boca con auga para que leve os restos do dentífrico, ou cando empregamos unha enxaugadura das que nos recomenda a dentista.
Se queres apoiar ao Peto mira aquí.