frouma en galego - vocabulario por petogalego

fruma

Son parte do piñeiro

A fruma son as follas en forma de agulla do piñeiro.

Unha palabra moi coñecida para nomeala é tamén arume, que aparece no poema de Eduardo Pondal “Os Pinos”:

Que din as altas copas
de escuro arume arpado
co seu ben compasado
monótono fungar?

e que deu lugar ao himno galego, que toma del as catro primeiras estrofas.

Outros nomes para a folla do piñeiro serían frouma ou agulla.

Algúns termos refírense só á folla do piñeiro cando está seca e caída, coma fasco ou foupa.

Distinguides con distintas palabras a folla seca do piñeiro e a verde?

Se queres apoiar ao Peto mira aquí.

31

Como lle dis ti á fruma?

Min votes count should be 1

Deixar unha resposta