Unha herba con sementes pequenas
Hai uns meses, pregunteivos pola herba fidalga. Pero non dera cunha foto. Agora teño estas que vedes.
Unha soa espiga compacta cando está madura, e moitas sementes pequenas. Creo que a especie é Holcus Lanatus, pero non son unha experta 🙂
Era a herba maioritaria nos prados da miña aldea. Recollíase a semente para sementala despois cando se facían prados novos.
Polo nome de herba fidalga fun quen de atopar só unha referencia a ela no libro “O Cabaliño de buxo” de Neira Vilas: “El iba moi ledo, choutando de beira en beira . En veces depinicaba algunha herba fidalga, ou arrincaba chuchameles.”
Como lle dicides vós a esta planta? Sabedes algo da herba fidalga? Ou algunha herba coa que se sementasen os prados?
Se queres apoiar ao Peto mira aquí.