derramar en galego - por petogalego

derramar

Sabedes que derramar tamén significa estragar unha cousa sen querer ao facer mal uso dela?

Coma cando por exemplo os cativos collen un coche de xoguete e úsano para bater no chan no canto de facelo rodar pola alfombra 🙂

Do dicionario da RAG:
“Deixar [unha cousa] en mal estado ou inservible de maneira fortuíta, ao facer mal uso dela, ao non aproveitala ben etc.”

Sinónimo sería estragar, esmendrellar… A min gústame escangallar.

….

Como lle dicides vós? Usades a palabra derramar?

Deixar unha resposta