fungueiro en galego - por petogalego

fungueiro

Un fungueiro é cada un dos paus dos lados do carro que serven para que non caia a carga denriba do carro.

Hai unha cantiga “Alá cando eu era mozo” na que sae esta palabra:

Alá cando eu era mozo,

tiña doce anos cumpridos

fun ver a unha nena guapa

filla de Xan dos Despidos.

Eu levaba un pau tan grande

como o fungueiro dun carro,

unhas zocas de chinela,

fumando nun gran cigarro.

Coñecedes a versión que fixo Baiuca desta cantiga con música? Chámase Mozas. https://www.youtube.com/watch?v=wBG6Gtgf6dY

E vós como lles dicides ó fungueiro? Coñeciades esta cantiga?

Deixar unha resposta