vocabulario galego do petogalego - samesuga

samesuga

Zugando sangue

As samesugas son vermes de cor escura e corpo en forma de cilindro que teñen unha ventosa en cada extremo.

Viven en auga doce e aliméntanse zugando o sangue doutros animais.

Este animal ten uso medicinal para facer sangrías, deixando que o verme zugue o sangue da persoa enferma.

Pola forma de alimentarse da samesuga, o seu nome tamén define ás persoas que se aproveitan dos demáis.

Outros nomes son sambesuga, sanguesuga, zumezuga e zamezuga.

Se queres apoiar ao Peto mira aq.

Podes mercar camisolas e outras cousas do Peto aquí.

5

Como lle dis ti á samesuga?

Min votes count should be 1

Deixa unha resposta