Cacheirudo ou cacheirán ou carneirán ou…
Un cacheirudo é unha persoa que segue as súas ideas ou accións aínda cando pode estar claro que está facendo mal ou cometendo un erro.
A alguén cacheirudo tamén se lle di cacheirán, testán, cabezán, cabezón, cabezudo, cachamoulán, cachán, cacholán, carneirán, carneiro, cazurro, cornán, cornelán, ferreño, gurrón, obstinado, testalán, teimoso, teimudo, turrón…
Se queres apoiar ao Peto mira aquí.
Podes mercar camisolas e outras cousas do Peto aquí.