Botar do estómago
Trousar é saír ou botar pola boca o contido do estómago.
Outras palabras sinónimas son devolver, golfar, golsar, vomitar.
Ademáis trousar é pasar un enxame de abellas dunha colmeia para outra.
Tamén significa pasar un líquido dun recipiente para outro (normalmente referíndose ao viño).
Outro significado pode ser dividir ou repartir a auga para regar entre os veciños.
Referido ao gado, é pastar no campo ou no monte.
E relacionado con tecer, é torcer o fio na peza chamada trouso, na parte inferior do fuso dunha roca.
Se queres apoiar ao Peto mira aquí.
Podes mercar camisolas e outras cousas do Peto aquí.