vocabulario galego do petogalego - soletrear

soletrear

Soletrear unha palabra

Soletrear é pronunciar por separado as letras dunha palabra, unha trala outra.

Sinónimos son soletrar e deletrear.

Tamén díselle así a dicir as sílabas dunha palabra por separado.

E outro significado é empezar a ler ou ler con dificultade, de maneira que a separación entre sílabas ou letras se escoita marcada.

10

Como lle dis ti a soletrear?

Min votes count should be 1

Deixa unha resposta