vocabulario galego do petogalego - zoscar

zoscar

Dar golpes e máis significados

Zoscar é dar un ou máis golpes a unha persoa ou un animal.

Sinónimos son bater, pegar, atizar, petar, zorregar, zumbar ou zurrar.

Tamén poder ser fozar no tobo dun animal para facelo saír.

Díselle tamén zoscar cando as galiñas escaravellan no chan.

Outro significado é apartar para deixar paso a outras persoas.

E ademáis pode ser liscar.

Se queres apoiar ao Peto mira aquí.

Podes mercar camisolas e outras cousas do Peto aquí.

19

Como lle dis ti a zoscar?

Min votes count should be 1

Como lle din na túa zona?

+Engadir palabra
made with OUM PRO

Deixa unha resposta