Varas entre os fungueiros do carro
As curripias son varas de castiñeiro, ou de xestas, ou de canas, que se colocan aos lados do carro entretecidas e colocadas entre os fungueiros perpendicularmente para conter a carga e que non saia por fóra.
Outros nomes son corripas, cainzas ou cainzo.
Se queres apoiar ao Peto mira aquí.
Podes mercar camisolas e outras cousas do Peto aquí.
A partir do étimo “canniciu/cannicia , o resultado esperable sería canizo/caniza con esta ou outras acepcións.Esas formas aquí citadas téñoas encontrado nalgunhas zonas de Galicia.As formas caínza/caínzo … Supoñen a transformación das xeminadas -nn- en -n- e a posterior perda do -n- e conseguinte nasalización da vogal anterior (cannicia>canicia>caīza e finalmente a recreación por intensificación da nasalidade.Iso mesmo tamén o temos en tenetis, venitis>teēdes,viīdes>tendes/vindes …mesmo en portugués.