O tello é a peza para cubrir potas
O tello é a peza empregada para cubrir as potas, potes, olas, tarteiras ou recipientes semellantes, xeralmente de barro pero tamén metálica.
Outros nomes son cobertoira, tampa, tapa, tapadeira e testo.
Tello tamén é o nome do xogo da mariola.
E o nome que leva a pedra coa que se xoga ao “castro de pé”, aínda que non coñezo o xogo. Podería ser tamén outro nome da mariola?
Ademáis díselle tello a un anaco de tella.
Se queres apoiar ao Peto mira aquí.
Podes mercar camisolas e outras cousas do Peto aquí.