vocabulario galego do petogalego - mixiricas

mixiricas

Chorar e ser mixiricas

A alguén que chora e se queixa por calqueira cousa, díselle mixiricas.

Ou choromicas, choromiqueiro, choracricas, choriqueiro, choricas, chorón, choranabizas, criqueiro, mexeriqueiro, mexericas, mixiriqueiro, nifrón, nifroso…

Se queres apoiar ao Peto mira aquí.

Podes mercar camisolas e outras cousas do Peto aquí.

19

Como lle dis ti a ser mixiricas?

Min votes count should be 1

One comment

  1. Creo que habería que partir de mexericas, mexeriqueiro .A partir delas por fenómeno de harmonización (sic) vocálica explicaríanse mixiricad ou mixiriqueiro.Este fenómeno vocálico consiste na desestabilización da vogal átona pretónica cando na tónica aparece -í-, – ú- ou o ditongo – ei.Iso provoca que e>i e o>u, é dicir fechan un grao dentro da súa serie vocálica , anterior ou posterior.

Deixar unha resposta