Para poñer na cabeza
Unha caparucha é un gorro rematado en punta, coma o que leva este pequecho.
A capa de palla que cubre a cabeza e os ombreiros (a coroza) tamén pode ter este nome.
Outro significado é a parte que coroa algo, coma a caparucha do pan, ou a caparucha do bolígrafo.
Tamén pode ser a parte superior do palleiro.
E ademáis díselle así ao feixe de plumas que teñen algunhas aves na cabeza.
Outros nomes son caparucho, carapucha, carapucho, carrapucha, carrapucho.
No dicionario da RAG a parte dun abrigo que cobre a cabeza aparece co nome de capucha ou capucho e non se recolle exactamente coma sinónimo de caparucha, aínda que no dicionario Estraviz si.
Se queres apoiar ao Peto mira aquí.