vocabulario galego do petogalego - fita

fita

De tecido a pedra

Unha fita é unha tira dalgún tipo de material (tecido, plástico…) que se emprega para suxeitar, cinguir ou adornar algo.

Sinónimo de fita é cinta.

Fita ten moitos outros significados (non todos aparecen no dicionario da RAG):

  • Un deles é o de menhir, monumento megalítico que consiste nunha pedra longa colocada verticalmente.
  • A fita do mar é unha planta acuática (Najas marina L.).
  • Outro significado é anaco.
  • Dobrez da camisa onde se amarran os botóns.
  • Película cinematográfica.
  • É tamén unha forma de chamarlle á gravata.

Como lle dicides vós? Que é para vós unha fita?

Se queres apoiar ao Peto mira aquí.

1

Como lle dis ti á fita?

Min votes count should be 1

Deixar unha resposta