O nome dun dedo das mans en galego
O segundo dedo da man, despois do grande. Tamén atopei o nome de mostreiro.
Aparece no libro de Antía Yáñez: “Non penses nun elefante rosa”, neste anaco: “Creo ver un moco pegado a ese furabolos”. Un rapaciño quere fala cunha muller que ten medo de que o neno teña as mans cheas de mocos.
O libro estou empezando a lelo, pero está sendo moi entretido. Trata do tema da saúde mental, e comeza dun xeito humorístico tratando un día na vida da protagonista.
Se queres apoiar ao Peto mira aquí.