Cando estamos na cama
Atotar: arroupar. Cando metemos os nenos na cama e os arroupamos para que estean quentiños.
Disque en Rianxo dínlle así cando tapan os nenos na cama.
Tamén atotarse: arrouparse ben cando se entra na cama, ou cando se sae dun sitio no que se está quente a outro no que vai frío (seica se lle di ao que sae ao frío: “Atótate ben!)
E atotado pode ser tamén alguén que queda apampado nunha situación e non é quen de reaccionar.
E vós coñeciades esta palabra? Usades atotar para arroupar, ou coñecedes outra palabra?
Se queres apoiar ao Peto mira aquí.
O correcto é “cando metemos os nenos…”, non “aos nenos” e “cando tapamos os nenos”, pola mesma razón. Un saúdo.
Grazas Antón! Corrixido.