Un recipiente para líquidos
Unha xerra é un recipiente con asa e bico no que se bota un líquido para despois poder verquelo en pequenas cantidades noutro sitio.
Tamén atopei pichela como sinónimo de xerra.
Xarra non é de uso recomendado segundo a RAG.
A palabra xerra atopeina nun anaco do libro de Ramón Otero Pedrayo “Os camiños da vida”, que de seguro moitos de vós coñecedes.
O texto é este: “(…) voltou axiña o crego cunha xerra (…)”.
Lestes este libro de Otero Pedrayo?